Os nosos antepasados
01
Castro de Cibdá
un recinto amurallado que se alza sobre un outeiro. Agrupa vinte e nove vivendas do século II a. C. Cústame asocialas á aldea de Astérix, aínda que procedan da mesma cultura; seguramente porque perderon o teitume vexetal. Durante a escavación do xacemento atopáronse coitelos, puñais, fouces, fíbulas, aneis, contas de colar...
02
Torres do Allo
Un pazo do século XVI, candidato firme a ser o máis antigo de Galicia. Os pazos son casas señoriales, a miúdo rodeadas por extensos terreos de labor. No pasado articularon unha complexa organización social, que incluía a un campesinado sobre o que os señores tiñan dereitos tributarios e xurisdicionais. A pesar de ser construcións civís, os pazos adoitan incluír elementos militares para o seu defensa. As torres do Allo incorporan, ademais, hórreos, fontes, unha igrexa, bosques e xardíns, pombais
03
Dolmen de Dombate
Considérase o monumento megalítico máis importante de Galicia. É unha tumba de corredor do IV milenio a. C. Protéxeo un edificio moderno de madeira e cristal, e arróupao un centro de interpretación dedicado ao megalitismo na Costa da Morte. Dombate tivo un gran valor simbólico para o romanticismo galego.