FLORA
A vexetación característica destes espacios de marisma conta cunha gran variedade de prantas. Entre elas podemos destacar a Acelga salada (Limonium occidentale), o xunco(Juncus), espadainas (Typha), e tamén cerudas (Chelidonium majus).
Omphalodes littoralis subsp. gallaecica
É un xénero de plantas pertencente á familia Boraginaceae. Atópanse amplamente distribuídas polas zonas temperadas do hemisferio norte. Durante a primavera botan flores de cor azul ou branca semellantes ás das nonmesquezas.[1]
O seu nome vén do grego e fai referencia á forma das súas sementes.
Herba de namorar
É unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae. Atópase comunmente nos rochedos da beiramar galega.
Ten fortes raiceiras das que xorden moutas de até 50 cm de diámetro. Medra formando pequenos matos compactos duns 20 ou 30 cm, na parte superior dos cantís e ao longo da costa, ata onde chega o salitre do mar. Tamén o fai nas marismas, xuncais, e en solos xeralmente areosos.
Toxo
É un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm. Cando a planta é aínda nova, as follas son normais, trifoliadas
Breixo
Son moi comúns en Galicia e, en xeral, na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona. Moitas especies son tamén endémicas de Suráfrica (breixos do Cabo).
Reciben moitos outros nomes comúns galegos, como torgas, breixos, carrascos, carrascas, queirogas etc.